Este proxecto é froito dunha reflexión de nós, profesores e profesoras do EPAPU, sobre o día a día nas aulas do Centro Penitenciario de Teixeiro. Por unha banda, é unha reflexión como docentes, xa que as nosas experiencias profesionais anteriores en centros de Primaria e Secundaria, e mesmo en Educación Para Adultos, non nos tiñan acostumados a estas realidades educativas; e por outra, é unha toma de conciencia sobre as necesidades do noso alumnado en concreto.
Da nosa visión da docencia no cárcere xorden as primeiras visitas aos Campus de Santiago e Lugo, unha idea que xa rondaba a cabeza do director desde hai tempo. Quen lles fala aos universitarios e universitarias sobre este tipo de ensinanzas? Como se preparan para afrontar estas outras posibilidades educativas?
Así foi como comezamos unha posta en común que tivo moi boa acollida na Universidade e resultou certamente enriquecedora.
Porén, non podiamos deixar de lado a concreción do noso traballo diario na aula, atopamos uns alumn@s con escasa experiencia académica, pero moi formados na "escola da vida". Tiñan moito que aprender... e nós case tanto coma eles!
A Escola comezou sendo para moit@s un xeito de fuxir da tensión dos módulos e da monotonía das horas que non pasan. Non foi doado achegalos á disciplina das aulas e facerlles entender a utilidade dunha formación básica na sociedade na que todos e todas convivimos, eles tamén.
As súas vivencias anteriores á entrada no cárcere, o xeito de entender o presente e as súas inquedanzas sobre o futuro, fixéronnos artellar a idea de que merecían ser escoitados fóra, en centros educativos onde houbera nenos e nenas como eles tiñan sido, coas mesmas teimas que eles tiveran algunha vez, sobre todo, nesa idade adolescente que marca o camiño que seguiremos coma adultos.
Así naceu Aprender (transmitir ou adquirir o coñecemento de algo ao que se chega por medio do estudo, a práctica, a observación ou a experiencia) NO CÁrcere, como humilde intento de amosar que non son tan grandes os muros que nos separan e que as experiencias contadas de primeira man polos propios protagonistas poden ser un bo xeito de facernos cavilar...

Hola, he puesto una entrada en el blog Chicass10 sobre Cómo descargar ...que quizás os interese.
ResponderEliminarUn saludo, y ¡ánimo!
Me encanta este blog y creo que lo que teneis que seguir haciendo es mejorar y ser mas fuertes y mucho ánimo
ResponderEliminar