lunes, 19 de mayo de 2014

Valoración profesorado EPAPU visita IES Xulián Magariños de Negreira

O 14 de maio dous internos e dous profesores participaron nunhas charlas no IES de Negreira. Os internos comentaron as súas experiencias co mundo das drogas a alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacherelato. As súas vivencias transmitidas dun modo moi emotivo e pedagóxico despertaron gran interese por parte dos asistentes, que participaron activamente con preguntas sobre o mundo das drogas, as súas consecuencias e o día a día nun centro penitenciario. 

miércoles, 14 de mayo de 2014

Ola a todos

Xornada maratoniana con visitas ao IES de Cee e pola tarde ao IES de Muxía. Coma sempre fomos moi ben recibidos polo profesorado e alumnado de ambos centros. Quero agradecerlles a todos a súa atención con nós como profesores así como con José Manuel e Misael.
Tamén quero reiterar o meu agradecemento a José Manuel por seguir colaborando con nós unha vez deixado o centro penitenciario e case reincorporado á súa vida.
A charla en si mesma foi moi ben. Os alumnos preguntaron e espero que non quedara ningunha dúbida no tinteiro. Nese caso, espero que lembredes as direccións de internet que vos facilitamos na charla e que nos fagades chegar esas preguntas.

un saúdo a todos e moitas grazas
Chus e José Antonio