miércoles, 27 de noviembre de 2013

Valoración profesorado EPAPU charla IES Urbano Lugrís

O mércores 27 de novembro José Manuel, acompañado por dous profesores do EPAPU de Teixeiro, estivo dando unha charla en sesión de mañán no IES Urbano Lugrís de A Coruña.
Era a primeira vez que o proxecto ANOCA visitaba este centro e pensamos que foi de proveito para todas as persoas implicadas. O trato por parte dos docentes foi exquisito e o alumnado foi extremadamente respetuoso e participou activamente coas súas preguntas.
Agradecemos a acollida e o café ao que nos convidaron tras a actividade. Esperamos seguir a colaborar con este centro e recibir moitas preguntas máis para que poida contestar José Manuel.
Ata a próxima.

Hoxe estaremos no IES Urbano Lugrís da Coruña

O mércores 27 de novembro compartiremos unha charla co alumnado do IES Urbano Lugrís da Coruña.

martes, 26 de noviembre de 2013

Valoración José Manuel da charla no IES Antonio Fraguas


Pódese elexir o destiño, eu fíxeno (non o fagades vós).

O pasado martes día 19/11/13 tiven a oportunidade de compartir os meus erros do pasado cun grupo de alumnos do Instituto Antonio Fraguas. Foi a primeira vez que ocupei o lugar do profesor... (sen estar castigado, jejeje). Quedei encantado coa atención que me prestaron. Foi moi enriquecedor para min poder compartir con todos os asistentes as vivencias erróneas do pasado para que cada un deles poida ver as consecuencias que eu estou a pagar por ter decidido vivir unha mala vida baixo os efectos dunha droga, en lugar dunha boa. Eu teño sorte de contalo, outros non...

Compartir un porro cun amigo é o principio dun camiño cun desenlace fatal.

Gracias pola acollida, o trato e a atención prestada e xa para despedirme decirvos que xunto con ANOCA estou á vosa disposición para unha próxima.

Un saúdo do voso amigo

José Manuel (interno de Teixeiro)

jueves, 21 de noviembre de 2013

Saídas curso 2013-2014

Nesta páxina atoparedes a seguinte información relativa a cada unha das visitas que fixemos ao longo do curso 2013-2014.

Clicando en cada un dos centros visitados, podedes ver catro entradas:
  • Valoración que fan os profesores acompañantes da charla.
  • Valoración dos internos protagonistas.
  • Valoración do centro que recibiu a visita. Aquí é o lugar para facernos chegar a vosa opinión da charla.
  • Máis preguntas..., onde podedes formular as preguntas que non  fixestedes ese día e que vos gustaría que fosen contestadas...