viernes, 8 de febrero de 2013

Ola a todos
Mañá maratoniana xunto con Bisser e Eloy. O máis rápido posible monta no taxi e ponte en marcha cara Carballo. Alí nos esperaban os profes e alumnos do IES Parga Pondal para realizar un encontro na biblioteca do Centro. Biser e Eloy cos nervos habituais (especialmente Eloy que era a súa primeira saída). Eloy, ademais, co problema engadido que ese día pola tarde tiña unha comunicación coa súa familia e estaba moi preto de poder disfrutar dun permiso.
Tras os primeiros momentos habituais de toma de contacto comezou a establecerse a conexión. Charla moi instructiva, espero que por ambas partes, con visita dun intrépido reporteiro da Voz de Galicia e, cando máis preguntas xurdían houbo que rematar.
Marcha rápida cara ao Concello de Abegondo e chegada, dentro do horario, a Viós onde poidemos disfrutar da compaña dos alumnos e profesores do Instituto.
Coma sempre, en ambos centros, non me queda máis que dar as grazas a profesores e alumnos polas súas atencións e deferencias.
Tras regresar a Teixeiro, comida rápida de nós os tres en volta a entrar no cárcere. Retomamos a nosa vida diaria.

un saúdo a todos
José Antonio