jueves, 29 de noviembre de 2012

Ola a todos
Onte, Ana e eu, xunto con Juan e Belmira estivemos cos alumnos do IES Miraflores de Oleiros. Foi a nosa primeira visita este ano. Para min outra saída ANOCA. Para Ana a súa primeira experiencia. Fomos con Belmira e con Juan. Con Belmira xa compartira outra saída o curso pasado, pero para Juan foi a primeira saída.
Teño que dicir que de todos os sitios onde fun, nunca vin tanta participación dos alumnos. As preguntas foron aparecendo unha tras outra dun xeito moi fluido e, en ocasións, ata atropellado. Fomos moi ben tratados polos alumnos e profesores do Centro que se volcaron con nós. Só podo darlles as grazas a todos polo seu cariño e pola súa atención. É difícil que se vexan alumnos que esquezan ir ao recreo, pero onte vímolos.
Quédame, por fin, reiterar as miñas grazas por poder disfrutar con todos vós e desexar que o futuro traia outra oportunidade de pasar unhas horas nese centro. Un saúdo a todos e moitas grazas.

José Antonio

sábado, 24 de noviembre de 2012

Comezamos as charlas o vindeiro luns 26 de novembro

Comezamos as nosas saídas deste ano polo IES de Pastoriza pola mañá e co alumnado da Universidade Laboral e do grupo de teatro "El Ruiseñor" pola tarde. Esperamos que as charlas sexan de voso agrado. Ao longo da vindeira semana, o blog quedará actualizado. Desculpade as molestias.