lunes, 17 de octubre de 2011

Xa recibimos o rap dos alumnos do IES Rafael Puga Ramón

Hai uns días recibimos o traballo que fixeron os alumnos deste instituto coruñés e a verdade é que nos gustou moito. Pódese apreciar que as charlas do noso alumnado non quedan nas paredes dos recintos nas que se fan.
Noraboa polo traballo e vémonos neste trimestre se non hai ningunha novidade de última hora.
Moitísimas grazas.

domingo, 9 de octubre de 2011

Novidades no blog

Pois temos rematadas estas primeiras modificacións e actualizacións ao noso blog. Aparece unha nova páxina titulada "O blog" na que aparece o funcionamento do mesmo. Nela lembramos que na parte dereita do blog aparecerán os nomes dos centros visitados para poder consultar a información correspondente aos mesmos e achegar os comentarios que consideredes oportunos. Tamén incluimos o enlace á nosa páxina en facebook.

Tamén aparecerán enlaces derivados da consecución do III Premio en Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer.

Non queremos esquecer o agradecemento a todos os centros que confiaron no noso proxecto no seu comezo pois foi unha confianza cara as persoas que realizaron o contacto sen saber o funcionamento do mesmo. Moitas grazas.

martes, 4 de octubre de 2011

Comezamos

Chega un novo curso e o profesorado do EPAPU de Teixeiro ten enerxías renovadas para seguir con este proxecto dobremente galardonado.

A partires do III Premio de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer, van xurdir actividades novas no noso proxecto e no noso centro, das que daremos conta neste blog.

Xa temos confirmadas todas as saídas para o primeiro trimestre. Os centros interesados en contar coa nosa actividade, podedes poñervos en contacto polos medios que aparecen en Contactos.

Otro premio para o noso Proxecto ANOCA

No día de hoxe, saiu publicado no BOE a concesión dos Premios Miguel Hernández 2011. En primeiro lugar, queremos felicitar a todos os centros galardonados, e en especial ao Centro de Educación de Persoas Adultas de Xixón que obtivo o primeiro premio e que representará a España nos Premios Internacionales de Alfabetización da UNESCO.

Neste caso, obtivemos o 2º premio, o cal ten unha dotación económica que vainos permitir facer o noso traballo con máis medios, que non con máis ilusión. Esta última a aporta o agradecemento do noso alumnado, polo que facemos o noso traballo. Grazas a eles pois sen a súa aportación non sería posible estar poñendo esta entrada no noso blog.

Tamén agradecer a todo o profesorado que participa ou participou de forma activa neste proxecto e que segue a crer nel coma sempre.

Deixámosvos o enlace á resolución publicada no BOE.