miércoles, 21 de septiembre de 2011

Enlace ao programa Convivir en Igualdade do 13 de setembro

No seguinte enlace podedes escoitar o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega no que estiveron os nosos compañeiros Benito e Marián. A súa intervención está desde o minuto 38:10.

martes, 13 de septiembre de 2011

Hoxe estaremos na Radio Galega

Hoxe, día 13 de setembro, os nosos compañeros Marián, coordinadora do Equipo de Normalización da lingua galega, e Benito, un dos nosos representantes no Seminario de Bolivia, están convidados ao programa Convivir en Igualdade da Radio Galega para falar do noso proxecto co gallo do Premio Vicente Ferrer obtido recientemente. A súa participación está prevista para as 19:45.

Escoita o programa en directo.

lunes, 12 de septiembre de 2011

O noso proxecto foi premiado

O pasado día 6 de setembro, oito profesores do EPAPU de Teixeiro estiveron na sé do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación en Madrid para recoller o Premio Nacional de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer na modalidade de Educación de Persoas Adultas na súa terceira edición.
Dous dos nosos compañeiros, Benito máis Jesús, estiveron en Bolivia no Seminario de Formación e Intercambio en Buenas Prácticas en Educación para el Desarrollo celebrado desde o 29 de agosto ao 3 de setembro.
Aproveitamos este espazo para felicitar aos demáis gañadores do premio, un total de 15, pola súa labor dentro da Educación para o Desenvolvemento.
Tampouco podemos esquecernos de agradecer a todos os centros que confiastes no noso proxecto, pois sen vós non sería posible estar orgullosos de recibir este galardón.
Deixámovos aquí enlaces relacionados co tema:

http://www.aecid.es/es/noticias/2011/2011-09/2011-09-06-premioed-semanacooperacion.html
http://www.youtube.com/watch?v=OnraJOO4FNk
http://www.semanadelacooperacion.org/noticiadetalle000000.php