martes, 26 de abril de 2011

Estaremos no IES Miraflores de Oleiros o día 28 de abril

Nesta ocasión, dous alumnos da secundaria para adultos da UTE Concepción Arenal do Centro Penitenciario de Teixeiro serán acompañados por dous profesores do noso centro para colaborar, unha vez máis, ca Garda Civil dentro do "Plan Director de convivencia y mejora de la seguridad escolar".

Nas entradas correspondentes a esta visita, atoparedes a valoración que fagan da charla os integrantes da Garda Civil.

domingo, 10 de abril de 2011

O 12 de abril en Negreira e Brión

O vindeiro martes temos sesión maratoniana. Pola mañá teremos dúas charlas no IES Xulián Magariños de Negreira e, pola tarde, unha no IES de Brión.

Premendo nos seguintes enlaces podedes ver os anuncios publicados nas páxinas webs dos centros:

- IES Xulián Magariños

- IES de Brión

lunes, 4 de abril de 2011

Comezamos as charlas de abril en Mugardos

O martes día 5, os profesores Susana e Juan Luis acompañarán a dous alumnos da escola para compartir dúas charlas co alumnado do IES de Mugardos.