jueves, 18 de marzo de 2010

Máis preguntas

Se algo quedou no tinteiro, aquí podedes escribilo...

RESPOSTA DE JUAN ÁS PREGUNTAS FORMULADAS POR ALE

¡Ola Ale! Son Juan. Antes de contestar ás túas preguntas quero darche as grazas por lembrarte de nós e escribir no blog, así como ao resto dos teus compañeiros. A túa primeira pregunta, a de cando tes parella no cárcere, aínda que eu non teño moza nin no cárcere nin fora, pódoche dicir que os que a teñen só poden vela na escola e unha vez ao mes nos vis a vis, que teñen unha duración de 2 horas.
Despois, os obxectos para o ocio que podemos ter, pois televisión ata 19 pulgadas con TDT, radio CD con mp3(aínda que non nos deixan meter CD's piratas), a Play 1, revistas de todo tipo, cartas, etc., e nós, aquí no módulo terapéutico, temos un DVD comunitario para facer un cine-forum os venres pola tarde e podemos ver películas os domingos: unha pola mañá e outra pola tarde. Tamén temos o Trivial, o Scrabble, o Pictionary, os ordenadores con algúns xogos (ós que só se pode xogar os domingos) e pouco máis.
Preguntaches tamén cómo conseguen a roupa os internos que non saen de permiso nin reciben visitas. Aquí, no meu módulo, temos un almacén no que hay roupa para a xente que non ten. É roupa que imos donando aos outros internos. Nos outros módulos(e no meu tamén) tes que mandar unha instancia dirixida a "vestuario" pedindo a roupa que precises, e che mandan roupa nova pero bastante chunga, pero sempre é mellor que non ter nada, non cres?
Preguntas tamén se nos gustou a charla. A min, personalmente, moloume un mazo. Sentinme moi a gusto convosco e xa lle dixen ós meus mestres que si poidera quedaba no voso instituto falando convosco toda a tarde, pero ó final houbo que voltar á cruda realidade. A min a experiencia pareceume tremendamente enriquecedora e a título persoal foi moi positiva para min. Cada vez que voa a unha charla cárganseme as pilas para uns cantos días e cada vez que penso na charla pónseme un soriso estúpido na cara.
Bueno, teño que despedirme xa. Por favos, non vos metades en movidas como nas que me metín eu, porque volo digo de corazón, non paga a pena. Todo ese mundo é unha merda e é moi doado entrar, pero saír é un inferno. Disfrutade para saír de festa, coñecer xente, namorarvos, ir de acampada,..., non sei, adicádevos a disfrutar das cousas pequenas da vida, das vosas familias e dos vosos amigos. Nada máis. Unha aperta moi grande e escribide cando queirades. Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario