jueves, 17 de febrero de 2011

O luns 21 de febreiro estaremos nos dous institutos de Ordes

Juan e Roberto acompañaran a dous profesores do noso centro para ter dúas charlas pola mañá no IES Maruxa Mallo e unha pola tarde no IES nº1, ámbolos dous de Ordes.

Premendo sobre o nome de cada un dos institutos, podedes ver toda a información relativa a esas charlas.

Agradeceríamos que os posibles comentarios comezasen polo nome do instituto.

lunes, 7 de febrero de 2011

Mañá, 8 de febreiro, visitamos o IES Félix Muriel de Rianxo

Mañá continuamos coas nosas charlas. Nesta ocasión iremos ata Rianxo, acompañados por Juan e Roberto, para compartir dúas sesións de clase con alumnos de 3º, 4º e do PCPI e cos seus profesores.

Podedes visitar a páxina web do seu centro e ver o anuncio da nosa charla.

Para a comunidade educativa do IES Félix Muriel, poñemos un enlace neste blog donde podedes atopar toda a información relativa á nosa visita.