domingo, 3 de octubre de 2010

Xa estamos de volta

Coa chegada do novo curso escolar 2010-2011, desde o EPAPU de Teixeiro queremos facervos partícipes da continuidade do Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere) que estamos desenvolvendo por terceiro ano consecutivo desde a nosa escola, situada no C.P. de Teixeiro. Con esta iniciativa pretendemos achegar a nosa realidade aos Centros de Educación Secundaria da provincia da Coruña, mediante charlas que nós como docentes facemos co nosa alumnado en visitas ás que asistimos convidados polos vosos centros, tratando temas como as drogas, a delicuencia, os estudos no cárcere, problemas de convivencia, etc., e tentando así establecer vínculos de colaboración intercentros.
Se estades interesados podedos consultar noso blog, http://proxectoanoca.blogspot.com/ , no que aparece unha información máis pormenorizada. Poñédevos en contacto con nós mediante este enderezo ou ben no blog antes mencionado.
Agardando resposta, agradecemos por adiantado a atención prestada.
Un saúdo
EPAPU de Teixeiro