domingo, 30 de mayo de 2010

I CERTAME PROXECTO ANOCA

Unha vez entregados e avaliados os traballos feitos polos centros que participaron na segunda fase do proxecto, a comisión creada ao efecto, decidiu convidar a participar no I certame aos alumnos/as do IES de Melide. Polo que o vindeiro martes día 1 de xuño, un grupo de 9 alumnas dese centro acompañadas polas súas profesoras virán compartir unha xornada connosco, deste xeito, exporán o seu traballo aos nosos alumnos e visitarán as dependencias do EPAPU de Teixeiro, tanto no Módulo Sociocultural-Polideportivo coma na UTE Concepción Arenal do Centro Penitenciario.