martes, 20 de enero de 2015

Valoración profesorado EPAPU sobre a visita ao IES As Mariñas

Despois dalgúns anos, voltamos co proxecto ANOCA ao IES As Mariñas de Betanzos. Coma sempre, a acollida foi moi boa e o trato excelente, tanto por parte  dos profesores coma por parte dos alumnos quén se mostraron participativos e foron facendo preguntas sobre a vida diaria dos internos, sobre a súa participación na escola, as consecuencias da súa entrada no mundo das drogas e no cárcere.
Previo ás preguntas dos alumnos, os nosos alumnos Pili e Pablo contaron en primeira persoa a súa experiencia no mundo das drogas e as consecuencias que lles trouxo.
Para nós foi un pracer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario