viernes, 14 de marzo de 2014

Valoración profesorado EPAPU visita CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

O mércores 12 de marzo, José Manuel e Misael (acompañados por Carlos e Alberto, dous profesores do EPAPU de Teixeiro) estiveron dando unha charla na Casa da Cultura de Carral. A ela acudiron alumnos e profesores do CPI Vicente Otero Valcárcel. O recibimento foi moi cálido e o público participou activamente dende o comezo da charla. Por momentos había pelexas por preguntar, e isto demostra o grande interese que amosaron pola información que se transmitiu.
Hai que salientar que unha das cousas que mais lles gustou aos rapaces foi como José Manuel, tras unha longa loita interna, conseguiu coa axuda da xente que sempre o apoiou, substituír a súa adicción ás drogas polo deporte, en concreto o fútbol.
A verdade é que da gusto escoitar falar a xente como Misael e José Manuel. A reinserción é sempre algo difícil, pero penso que eles pouco a pouco van a atopar o seu camiño. Polo menos desexamos de todo corazón que así sexa.
Moitas grazas a todos os que acudiron a charla. Sería un pracer volver outra vez a Carral e seguir facendo ese traballo de prevención e información tan necesario para a nosa sociedade e a nosa xuventude.

Pero sobre todo, moitísimas grazas a José Manuel e Misael, por ter o valor e a boa vontade de falar diante de ducias de persoas acerca de temas que sempre son difíciles de afrontar, e ademais facelo dun xeito totalmente altruísta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario