jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU

O martes 28 de febreiro, tras ter estado no CEE Manuel López Navalón pola mañá , dous profes xunto a Paco e Joana, desprazámonos á Estrada ao IES Manuel García Barros para reunirnos coa Xefa de Estudos, que nos brindou ou seu tempo e simpatía, para comer antes da charla ANOCA pola tarde. Esa tarde agardábanos un salón de actos repleto de alumnado de 2º e 4º da ESO que estiveron atentos a todo o que se lles explicou e que se mostraron moi participativos facendo preguntas ata o último momento. Quero agradecer en nome do EPAPU de Teixeiro o trato recibido por todos e todas e en especial pola Vice Directora que nos presentou con moito agarimo, a comida que compartimos xuntos e o agasallo en forma de libro que representa o premio nacional recibido polo IES. Tanto o alumnado como o profesorado mostráronse moi interesados en participar na segunda parte do proxecto e agardamos desde Teixeiro que así sexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario