viernes, 12 de diciembre de 2014

Valoración profesorado EPAPU da saída ao IES O Mosteirón

Nesta miña primeira saída do centro penitenciario xunto co director da escola acompañando a un alumno para unha charlar nun centro de secundaria, supuxo para min unha experiencia de contrastes moi positiva tanto a nivel persoal como profesional. A mesma impresión amosaron os profesores e alumnos do centro asi como o alumno que era novato coma min. A reciprocidade nos beneficios da experiencia é, ao meu ver, o que debe dar pulo para continuar o proxecto.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Valoración de Pablo sobre a súa charla no IES O Mosteirón

"Bueno, deciros que para ser mi primera salida a un instituto me he sentido muy bien. No se presentó el día fácil por cosas de la burocracia. Sólo pude salir yo cuando tenía que salir otro interno conmigo. Gracias a la ayuda de José Antonio y José Luis se me fueron yendo los nervios del directo. El comportamiento de los niños fue excepcional y participaron mucho. Aparte de eso, me llevé una gran sorpresa, pues entre esos niños estaba un sobrino mío y yo ni sabía que estaba en ese colegio.
Para mí es un privilegio poder salir a dar esas charlas, pues yo también aprendo mucho de los niños"
Pablo

viernes, 21 de noviembre de 2014

Comezamos o vindeiro día 25 de novembro no IES O Mosteirón de Sada

O vindeiro martes, dous docentes do noso centro estarán con dous alumnos da nosa escola no IES O Mosteirón de Sada.

Aproveitamos esta entrada para informarvos de que o noso blog está actualizado.

lunes, 19 de mayo de 2014

Valoración profesorado EPAPU visita IES Xulián Magariños de Negreira

O 14 de maio dous internos e dous profesores participaron nunhas charlas no IES de Negreira. Os internos comentaron as súas experiencias co mundo das drogas a alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacherelato. As súas vivencias transmitidas dun modo moi emotivo e pedagóxico despertaron gran interese por parte dos asistentes, que participaron activamente con preguntas sobre o mundo das drogas, as súas consecuencias e o día a día nun centro penitenciario. 

miércoles, 14 de mayo de 2014

Ola a todos

Xornada maratoniana con visitas ao IES de Cee e pola tarde ao IES de Muxía. Coma sempre fomos moi ben recibidos polo profesorado e alumnado de ambos centros. Quero agradecerlles a todos a súa atención con nós como profesores así como con José Manuel e Misael.
Tamén quero reiterar o meu agradecemento a José Manuel por seguir colaborando con nós unha vez deixado o centro penitenciario e case reincorporado á súa vida.
A charla en si mesma foi moi ben. Os alumnos preguntaron e espero que non quedara ningunha dúbida no tinteiro. Nese caso, espero que lembredes as direccións de internet que vos facilitamos na charla e que nos fagades chegar esas preguntas.

un saúdo a todos e moitas grazas
Chus e José Antonio

viernes, 14 de marzo de 2014

Valoración profesorado EPAPU visita CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

O mércores 12 de marzo, José Manuel e Misael (acompañados por Carlos e Alberto, dous profesores do EPAPU de Teixeiro) estiveron dando unha charla na Casa da Cultura de Carral. A ela acudiron alumnos e profesores do CPI Vicente Otero Valcárcel. O recibimento foi moi cálido e o público participou activamente dende o comezo da charla. Por momentos había pelexas por preguntar, e isto demostra o grande interese que amosaron pola información que se transmitiu.
Hai que salientar que unha das cousas que mais lles gustou aos rapaces foi como José Manuel, tras unha longa loita interna, conseguiu coa axuda da xente que sempre o apoiou, substituír a súa adicción ás drogas polo deporte, en concreto o fútbol.
A verdade é que da gusto escoitar falar a xente como Misael e José Manuel. A reinserción é sempre algo difícil, pero penso que eles pouco a pouco van a atopar o seu camiño. Polo menos desexamos de todo corazón que así sexa.
Moitas grazas a todos os que acudiron a charla. Sería un pracer volver outra vez a Carral e seguir facendo ese traballo de prevención e información tan necesario para a nosa sociedade e a nosa xuventude.

Pero sobre todo, moitísimas grazas a José Manuel e Misael, por ter o valor e a boa vontade de falar diante de ducias de persoas acerca de temas que sempre son difíciles de afrontar, e ademais facelo dun xeito totalmente altruísta.

Valoración profesorado EPAPU visita IES Nº1 Ordes

O mércores 12 de marzo, Misael e José Manuel estiveron dando unha charla no salón de actos do IES Nº1 de Ordes acompañados por Carlos e Alberto, dous profesores do EPAPU de Teixeiro. As catro persoas que visitamos o centro temos que agradecer a todo o público alí presente, alumnos e docentes, o trato recibido. Esperamos que a charla fose de proveito porque o verdadeiro obxectivo é transmitir aos mais novos as ensinanzas de xente que cometeu erros e que aprendeu deles. Como diría José Manuel “con tal de que estas charlas sirvan para evitar que un rapaz ou unha rapaza se decate de que vai polo camiño equivocado e rectifique a tempo xa me conformo”.
Non sabemos se por timidez ou porque aínda era bastante cedo, ao principio os alumnos que estiveron na charla tardaron en romper o xeo na rolda de preguntas, pero afortunadamente ao final animáronse a participar activamente. Foi unha mágoa que non puidésemos ficar mais tempo porque tiñamos outra charla concertada para despois.

Oxalá poidamos repetir a experiencia.